martes, 23 de junio de 2009

Cronica

Domingo 14 de Xuño, un grupo reducido de camiñantes partimos cara A Pontenova, “Terra de Miranda”, solares de fidalgas estirpes. Adentrámonos en fermosas fragas compostas por castaños e acompañamos ledos o río que transcorre sixiloso. Saboreamos exquisitos manxares ao longo de todo a camiñata tales como cereixas, amorodos… Cruzámonos con un “corripio”, estrutura dedicada a conservación e maduración das castañas e con numerosos muíños edificados en antano. Fermosa por excelencia é a Ferrería de Bogo, unha edificación de beleza única cuxa orixe se remonta o século XVIII, sendo unha das máis importantes de Galicia. Rematada a ruta, xantamos todos xuntos, coas historias de cada un de nos facendo que o tempo pasase rápido. Agora só queda esperar a próxima xuntanza.

Lucia Garcia

No hay comentarios:

Publicar un comentario